Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas na nosa Comunidade Autónoma, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) abriu as súas portas para recibir a todas aquelas persoas, tanto da nosa comunidade, como foráneos, que desexasen realizar unha visita guiada ou por libre, nas nosas instalacións museísticas.
O MELGA abriuse a todos os visitantes en xornada matinal e vespertina, nun horario amplo de 10,00 h a 14,00 h e 16,30 h. a 20,00 h. Na franxa de 11,00 a 13,00 h., os usuarios que se achegaron ao museo tiveron a oportunidade, de forma gratuíta, de gozar dunha charla lúdica,
dirixida polo noso director-guía Ricardo Pérez e Verdes.
Aínda que existe unha gran satisfacción por parte da dirección do museo, pola convocatoria realizada, non foi o esperado, xa que a asistencia baixou considerablemente (con respecto ao ano anterior, que fora espectacular), debido seguramente á que a xornada festiva ocupase un mércores no medio da semana. Aínda que pareza unha contradición, a realidade foi outra, xa que os visitantes que recibimos tanto pola mañá como pola tarde, sorprendentemente, non pertencían á nosa comunidade (non tivemos ningún), xa que todos eran turistas ou peregrinos vascos, asturianos, estremeños e casteláns-leoneses, na súa maioría en estado jubilosos.
Segundo comunicáronnos moitos deles, “Que a sorpresa foi grande ao atoparse nesta vila de Ponteceso, un museo do xogo e do deporte, tan espectacular e sorprendente. Parecéralles un gran acontecemento dentro dos seus días de asueto e estaban encantados de ter a ocasión de
coñecer ao creador do mesmo e participar das súas explicacións”. Nas súas despedidas tiveron a xentileza de informarnos que un dos seus obxectivos sería, cando chegasen aos seus destinos, o recomendar a familiares e amigos, unha puntual visita a este museo, cando pasasen por estas terras bergantiñanas, pois valía sinceramente a pena coñecelo.
Leave A Comment