Onte, sendo a Día Mundial dos Museos, no MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia, tivo lugar un gran acontecemento e ao mesmo tempo un reto moi importante, na visita guiada que realizou o Colexio Público O Areal de Camariñas, xa que asistiron á mesma máis de medio centenar de nenos e nenas con idades comprendidas entre os tres (3) anos e os seis (6) anos. Todos eles foron acompañados polos seus profesores Paula, Daniel, Sandra e Vanesa e coordinados pola directora do centro Belén Pillado. A visita tivo unha duración aproximada de tres horas, aínda que o grupo permaneceu no recinto museístico máis de cinco horas. O reto sen dúbida foi, o manter durante tantas horas, a un grupo tan numeroso, cunhas idades moi pequenas e o acontecemento, supoñemos un caso único, que se permitise visitar un museo sen límite de cota, como este é o caso. Pola satisfacción dos visitantes, podemos comentar que foi unha experiencia moi positiva, laboriosa e esgotadora, pero valeu a pena, sen dúbida a iso. Tamén hai que recoñecer a gran axuda e colaboración dos profesores acompañantes, que apoiaron “logísticamente” en todo momento a sesión matinal ao guía e director do museo.
Consistiu a xornada primeiramente, na visita da primeira sala “Xogos e Deportes Tradicionais” de un pouco máis de una hora, con moitos xogos adaptados ás súas idades (castelos de mazarocas e pinzas de Lavandeira, en busca do tesouro, boliches, perinolas, etc.), a continuación para coller forzas e ánimos un breve descanso cun tentempié para todos e finalmente pasouse a segunda sala de “Os xogos e deportes a través da historia” (outra hora aprox.) con xogos como: carreiras de sacas, recollida de noces, ou ferrón human, as chancras múltiples, etc.).
Debido á climatoloxía do día tívose que alterar a xornada, xa que estaba programado que o xantar se realizase no Piñeiral de Balarés e logo unha visita ao Monte Branco, habilitouse a biblioteca do Centro Cultural, como eventual comedor e finalmente levouse a cabo unha sesión de contacontos, lecturas infantís, confección de quebracabezas, construcións e recortables. Pasadas as 15,30 h., (desde as 10,30 h.da mañá) deuse por finalizada a actividade lúdica e recreativa do grupo. O obxectivo final, con certo temor todo hai que dicilo, cumpriuse con fartura e a satisfacción por ambas as partes foi moi destacable e memorable.
Leave A Comment