O obxecto doado esta tarde á Fundación Ricardo Pérez e Verdes e ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), está entre as “xoias” que todo museo persegue durante moitos anos. No noso caso superan os trinta anos buscando a cotizada peza.
En concreto a peza proporcionada corresponde a unha pelota de caucho, cunha antigüidade de preto de 50 anos, confeccionada artesanalmente polos homes do estado de Sinaloa(México). A pelota faise mesturando latex (hule) cunha raíz que lle chaman machacuana e adoita pesar entre 3 e 5 quilogramos. Esta en concreto pesa 3 quilogramos. Existen moi poucas pelotas deste estilo, pois hai moi poucos lugares onde as fabrican e polo xeral fanas os propios xogadores. Aínda non están industrializadas, por iso, a dificultade en conseguir unha delas é case “misión imposible” e o MELGA vai contar cunha delas. Con esta pelota xógase a un xogo de cadeira chamada antigamente polos aztecas Ttlachtli e polos mayas Pok Ta Pok e hoxe en día coñéceselle como o xogo do Ulama. Este xogo ten unha antigüidade de 1.500 anos e se non se pon remedio, en período de extinción. Existen varios xogos de ulama como os de antebrazo, cadeira, mazo, etc…
Ademais da pelota tamén recibimos un fajado (vestimenta) ao completo, co seu gamuza ( taparrabos), o chimali (cinto), a faixa (tira de tea) e a bota(coiro), ademais do hatillo para gardar o material.
Esta doazón foi obra da presidenta da Asociación Nacional de Xogo de pelota Mesoamericana Reyna Puc e do seu director Nacional Armando Osorio, do estado de Quintana Roo, que a través dun exalumno do noso director Ricardo Pérez e Verdes, Ismael Alonso e a súa esposa, conseguiron que o devandito material viñese ao noso museo para a súa exposición na sala II, dentro dos Pobos Precolombinos de América.
Hoxe, sen dúbida, é un día moi importante para o noso museo, pois desde este momento contamos, grazas a Ismael e a súa esposa por facelo posible, dunha pelota de caucho que se vai a exhibir no noso museo, sendo posiblemente o único museo no mundo que o fai, pois polo xeral estas pelotas adoitan confeccionarse exclusivamente para xogar ao Ulama, nos poucos pobos existentes que o practican e nós imos ter a honra de mostralo no MELGA de Ponteceso.
Leave A Comment