Aínda que estaba previsto, ás 17,00 h. de onte 22 de octubre, a entrega oficial da magnífica colección de xoguetes de crebacabezas, puzzes, construcións, etc. englobados todos eles como xogos de enxeño, da familia Rodríguez Díaz do municipio de Oleiros (A Coruña), ao final a sesión non tivo lugar motivado a que a nai do coleccionista Juan Antonio Rodríguez Díaz (q.p.d.) dona Concepción Díaz, por motivos de saúde e ancianidade, ademais de vivir no Barqueiro, impediron levar a cabo un acto tan entrañable, moi especial para a nosa Fundación e directamente beneficioso o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), Ponteceso e toda Galicia.
A colección consta de case catrocentos pezas, concretamente 387 xoguetes (de madeira, aceiro, plástico, cartón, pedras preciosas, etc…), xa se atopan depositados e catalogados nunha das salas do MELGA, esperando a darlle a oficialidade e firma de doazón entre ambas as entidades, que se pospuxo para o mes de decembro, da cal se dará debida recensión e invitación a todos os medios de comunicación, cando se defina o día e hora adecuadas.
Mentres tanto, o Padroado da Fundación Ricardo Pérez e Verdes, quixo compartir nesta entrega oficiosa, con todos os veciños de Ponteceso e persoas que nos visiten ao museo, unha centena de xoguetes nun expositor da sala II (Historia dos xogos e deportes a través dos tempos) para que observen “in situ” un avance da gran magnitude dunha colección maxistral, da que fomos portadores.
Esperamos que a partir da data, aínda que moitos dos veciños e amigos do MELGA efectuaron algunhas (poucas) doazóns e cesións puntuais, queremos que este sexa un inicio importante de que se vaian incorporando moitas máis pezas ao museo, para beneficio de todos os galegos. Como me comentaba dona Concepción
Que mellor que un museo, específico como o MELGA, para que os “xoguetes” do meu amado fillo falecido hai escasos meses, coleccionados con paixón e esmero durante moitos anos da súa curta vida, teñan unha gran visibilidade e non telos na súa casa expostos soamente para a familia, collendo po e non podendo gozar deles o mundo enteiro.
¡Que gran consello e pensamento! Grazas dona Concepción pola súa xenerosidade, altruismo, desinterés e filantropía.
Leave A Comment