Despois de sete anos de ausencia de visitas guiadas ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), nunha semana o CEIP. Eduardo Pondal de Ponteceso, regresa por segunda vez de maneira consecutiva. A unha hora non habitual no museo como son as 9,00 h. da mañá (as visitan guiadas comenzan as 10,30 h.), presentouse a primeira sesión da visita guiada, cun grupo de preto de trinta nenos e nenas de 1º de educación infantil, con idade de 3 anos, que viñan acompañados pola súa profesora de apoio Susana Couso, coordinadora da actividade e da súa titora Rocío Alvarellos.
Durante máis de dúas horas, os alumnos e alumnas do centro, realizaron unha visita guiada soamente á primeira sala, xa que a adecuación temporal nestas idades é prioritaria, debida á atención que deben manter durante un longo tempo. Pero hai que dicilo, todos “estoicamente” estiveron moi atentos ao que alí contábaselles e practicábanse xogos variados adaptados á devandita idade. Como “xogaban na casa” o tempo foi o de menos xa que pensaban en regresar pronto para coñecer a segunda sala e gozar dunha sesión especial de excursión. Sobre as 11,15 h. da mañá finiquitó a visita guiada.
Leave A Comment