Docentes da ciudade de Lugo chegan ao Melga de Ponteceso para visitarnos na súa terceira cita anual consecutiva

Case unha vintena de profesores da cidade de Lugo, desprazáronse onte sábado no primeiro día do mes de febreiro do presente ano 2020 en xornada matinal a Ponteceso, entre eles atopábanse profesores de educación física (antigos alumnos/ as da Facultade de Ciencias do Deporte da Coruña), mestres de infantil, técnicos deportivos,… todos eles organizados polo profesor Pedro Neira ( ex–alumno do director do museo), para visitar por terceira ocasión o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA).

A duración da sesión achegouse ás catro horas de percorrido polas salas do museo, escoitando as explicacións do guía, collendo apuntamentos, obtendo imaxes, exercitándose naqueles xogos tradicionais, etc. para que nun futuro próximo, dita instrución recibida neste día, puidese ser aplicada aos seus alumnos e alumnas nas súas clases docentes.

 

Docentes da ciudade de Lugo chegan ao Melga de Ponteceso para visitarnos na súa terceira cita anual consecutiva

 

Como era de supoñer a conexión foi excelente entre o noso director Ricardo Pérez e Verdes e os visitantes docentes, xa que puideron escoitar de viva voz, as anécdotas, as historias, como se adquiriron as pezas e os seus lugares, normas dos xogos,… todo o relacionado cos obxectos alí expostos, así como da práctica  e a técnica dos xogos programados.

Aínda sendo unha sesión moi extensa e intensa, os alí presentes non decaeron en ningún momento nas súas ansias de obter mais coñecementos, pois deste xeito conseguían ampliar, profundar e clarificar algunhas cuestións que aínda tiñan. Unha xornada moi especial cos nosos docentes lucenses, algúns deles, ao final da visita, comunicáronnos que de inmediato, cando chegasen aos seus lugares de destino, propoñerían ás direccións dos seus centros escolares ou ás súas ANPAS, a pronta visita guiada obrigada ao MELGA, pois “valía a pena o gozar dunha sesión tan lúdica e cultural”

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.