Mañá sábado día 14 de decembro ás 11,00 h. nas sala de reunións do Centro Cultural ( MELGA), reúnese a Xunta Directiva do Ilustre Colexio Oficial de Licenciados de Educación Física e Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia, do cal é Socio Honorario o noso presidente e director, coa totalidade dos seus membros para levar a cabo a última reunión colexial Ordinaria deste ano 2019. A reunión estará presidida polo seu presidente Henrique Xoán Rodríguez Pantín.
Xa pola tarde ás 16,30 h. a xunta directiva fará unha visita guiada, a primeira que realizan nos seis anos de existencia do museo, aínda que o tentaban en moitas ocasións, por fin, mañá farán un percorrido polas salas expositivas do MELGA, da man de Ricardo Pérez e Verdes.
A convocatoria tamén foron convidados todos aqueles colexiados que o desexen. Será sen dúbida un día especial xa que a directiva e moitos colexiados foron alumnos/ as e compañeiros de Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física do noso director.
Leave A Comment