O colexio Nosa Señora do Carme de Finisterre recala de novo no Melga

Por segundo ano consecutivo, o Colexio A nosa Señora do Carmen do municipio coruñés de Finisterre, chegou ao MELGA con medio centenar de alumnos e alumnos de 1º a 4º de primaria, entre os 6 e os 9 anos, acompañados dos seus profesores/as Maria Jesús Senra, Yolanda Mendoza, Mary PazTraba,  Lisbeth Igrexas,  José María Senra  e como coordinadora do grupo Mary Carmen Ínsua.  Toda unha mañá lúdica extraordinaria como excursión de fin de curso, coa visita guiada teórica afeita e as súas prácticas correspondentes. Os obsequios tradicionais nesta ocasión foron para Adrián López de 8 anos e Iago Ínsua de 9 anos. A súa coordinadora coméntanos a través de e-mail que: “ estaban moi agradecidos por tratalos tan ben e con tanto agarimo e que os nenos llo habían pasado moi ben e que se foron moi contentos, que non dubidarían en volver  e que recomendarían a visita ao MELGA a outras persoas, xa que fora  extraordinaria  a xornada.”  Como anécdota destacable da visita foi que entre os alumnos/as do colexio, atopábanse os fillos  do ex-concelleiro de Cultura do Concello de Ponteceso Óscar Rey e a sobriña de Rosario Canosa, Asistente Social do Concello de Ponteceso. Como final de excursión desprazáronse á casa de Pondal e gozaron unha xornada gastronómica-de praia en Balarés.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.