A Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), onte sábado ás 12,30 h. o noso director foi convidado o Pazo de Liñares, no municipio de Lalín (Pontevedra), para asistir á Inauguración do Museo Gallego do Xoguete. Colección Antonio Chaves e o das Marionetas.
Contouse para este magno acontecemento co conselleiro de Cultura, Educación e Universidades, Román Rodríguez, o alcalde, José Crespo, a concelleira de Cultura do concello Begoña Blanco e o coleccionista, escritor e pintor afincado en Vigo Antonio Chaves que foi quen cedeu ao concello de Lalín das pezas que conforman o museo.
O Museo Gallego do Xoguete estará situado a partir de agora, no recente restaurado Pazo de Liñares, adquirido polo concello de Lalín, un pazo de estilo barroco do século XVII fundado por Álvaro Núñez Taboada. É o máis señorial das Terras do Deza, unha da arquitectura rural galega. Foi bautizado por Emilia Pardo Bazán, onde pasaba longas xornadas en compañía dos Taboada, como “O Palacio do Recordo”. Tamén foi a casa natal de Joaquín Loriga, un dos pioneiros da aviación española e no seu rexio salón escoitábase música clásica do piano de cola, do soado compositor e músico coruñés romántico Marcial do Adalid.
As aproximadamente 1.000 pezas que consta a exposición, están distribuídas nas dúas salas destinadas ao mundo do xoguete e á evolución do xoguete e están situadas na entreplanta do pazo e son propiedade do noso amigo, desde hai algúns anos, Antonio Chaves, coleccionista empedernido sobre o xoguete español. Antonio Chaves é presidente da Fundación Raquel Chaves (irmá) falecida hai uns anos (1994) en plena mocidade. Poderanse admirar xoguetes colectivos, de exterior, simbólicos, de construción, de guerra, mecánicos, científicos, bonecas, estereotipos sexistas asociados ao xoguete, avións, trens, caballitos de cartón e carruseis, etc… Entre as pezas cotizadas está un exemplar dun Bugatti de Payá de hojalata do ano 1932.
Outro centro cultural que se nos une ao Patrimonio Lúdico de Galicia. Nestes momentos contamos xa en Galicia co “Museo Gallego do Xoguete”(1995) de Allariz (Ourense), “Recuncho das Argalladas” (2017) en Lourenzá (Lugo), “O Museo Gallego do Xoguete” (2021) en Lalín (Pontevedra) e o “Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA)”(2013) en Ponteceso (A Coruña). Catro referentes para os estudosos desta temática, dentro do mundo lúdico no noso país e no mundo.
Non nos deixen de visitar, pois seguramente levarán unha gran sorpresa, tanto polas coleccións, coleccionistas e como non polas valiosas pezas exhibidas. Parabén ao concello de Lalín e a Antonio Chaves polo gran esforzo realizado, polo investimento efectuado, pola magnífica localización, etc. para que este proxecto, hoxe día 07 de agosto-21, tivese o seu punto de partida e sexa unha gran realidade.
Leave A Comment