Recala de nuevo en el MELGA un grupo numeroso de niños y niñas de Carballo

Más de sesenta alumnos/as, entre os 8 a 9 anos de idade, de 3º de primaria do CEIP Bergantiños, do municipio de Carballo (A Coruña), visitaron hoxe pola mañá as instalacións do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) en Ponteceso para realizar unha visita guiada. Coa visita de hoxe era a súa terceira ocasión en acompañarnos, pois desde 2018 un ano antes da pandemia non regresaran ao mesmo. En todo momento os visitantes estiveron acompañados das súas profesoras-titoras Ana Santaescolástica, María Pichel, Irene Aladro (Pedagoga) e María José Zas como coordinadora da actividade .

O grupo carballés numeroso, despois de visitar a exposición de azulexos sobre os xogos tradicionais, ver os dous vídeos do Himno do museo e o cómic-melga, os compoñentes dividíronse en dous subgrupos de 30 alumnos/as cada un, para aproveitar máis as explicacións, dos cales mentres uns dedicábanse á visita guiada (sala I), o outro grupo desenvolvían diferentes xogos prácticos de interior no recinto da segunda sala do Centro Cultural, pois co mal tempo, non se puido facer a práctica no exterior.

Despois da primeira hora e media de visita, os grupos intercambiaron as zonas de práctica e teórica para finalizar a xornada sobre as 13:30 h. da tarde, despois de tres horas de esparexemento e diversión. Aínda que tentaron bater algunha das marcas establecidas nos xogos organizados, non alcanzaron ningún o obxectivo exposto.

Finalizada a sesión teórico-práctica, a maioría dos visitantes agradeceron e transmitiron ao centro museístico, o ben que o pasaban e que reservaban de inmediato, outra  xornada máis, con outro grupo diferente, para o 10 de abril do ano próximo 2025. “Non nos queremos quedar sen data para o ano que vén e por iso adiantámonos a todos os colexios”, así comentaban os profesoras.

Como nota curiosa, debemos comentar que este ano, non sabemos o porqué, pero xa contamos con reservar para os meses de abril, maio e xuño do próximo ano. Polo noso lado, sen dúbida, unha gran nova!

Varios alumnos del ceip bergantiños juegan a juegos tradicionales en el museo melga

alumnos y profes del ceip bergantiños atienden las explicaciones de ricardo pérez y verdes en el museo melga

Varios alumnos y profes del ceip bergantiños juegan a juegos tradicionales en el museo melga

Leave A Comment

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.