II Encuentro de Rimusgo co Melga como protagonista

Onte venres día 5 do presente mes de febreiro-21, tivo lugar o II Encontro da Rede Internacional de Museos do Xogo ( RIMUSGO), en formato vídeo-conferencia, con todos os membros da mesma. A sesión desenvolveuse durante as dúas horas da tarde (20,00 a 22,00 h), cuxo Orde do Día constaba de: Benvida ao grupo, presentación dos nosos museos, iniciativas de exposicións e intercambios, conclusións e outras propostas.

En primeiro lugar, despois da benvida, fixo a súa presentación a directora-fundadora a profesora Stella Maris Ferrarese do Museo do Xoguete Étnico Allel Kuzen de Neuquen Capital (Arxentina), desenvolvendo a través de imaxes fixas, da súa localización, creación, persoal, instalacións e desenvolvemento de actividades desde ao ano da súa creación 2007 ata a actualidade. A función do Museo, é como se especifica no o seu nome, é a recuperación e exposición de xogos e xoguetes de ámbito estritamente de pobos indíxenas de América e do mundo. A visión do mesmo ten un carácter etnográfico e antropolóxico e o seu financiamento e de carácter público.

O Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso (Galicia-España), tivo o seu protagonismo no encontro, xa que a continuación fixo a súa presentación, en segundo lugar, como así sinalaba a orde do día. A exposición da mesma estivo a cargo do noso director-fundador o doutor Ricardo Pérez e Verdes, que a través das súas explicacións, de vídeos sobre o MELGA, expuxo a localización do concello de Ponteceso, coas súas xentes, paisaxes, monumentos, gastronomía, a súa economía, etc…, é dicir, unha visita turística da nosa contorna. Seguidamente presentouse o “Cómic MELGA” en vídeo e a actuación do cantautor Luís Vallecillo coa súa canción “Xogos Populares”, himno do noso museo, e , a actuación do grupo de nenos e nenas do CEIP. Eduardo Pondal de Ponteceso polas salas do MELGA, que colaboraron no vídeo-texto de presentación. A visión do noso museo e histórico, pedagóxico e didáctico e interactivo, e o seu financiamento e de carácter privado.

Despois de dar contestación ás moitas preguntas formuladas polos asistentes ao encontro, as dúas horas quedaron demasiado curtas, pois tiñamos programado o que interviñesen tamén o Museo do Brincar de Vagos-Aveiro (Portugal), o Musée Suisse du Jeu da Tour-de- Peliz (Suíza) e o Museo dás Marionetas de Porto (Portugal), e non houbo máis remedio de deixalos para o III Encontro que planificaremos aproximadamente dentro dun mes.

Finalmente e en terceiro lugar presentouse o museo do noso anfitrión o Museo do Xogo e do xoguete de Madrid, á súa cabeza e director-fundador o doutor Manuel Hernández e a súa filla Elena Hernández, creado no 2003, que nos presentaron a través dun power point, o seu museo virtual. Co tempo esgotado, a presentación tívose que cancelar por motivos de falta de tempo. Dita actuación, deixouse, como os demais para a próxima rolda de encontros que realizaremos.

Cabe destacar que o MELGA, propuxo que para o próximo forum-reunión, o levar unha iniciativa para a realización e difusión da nova virtualidade dos museos, a causa do COVID-19, dando así unha visibilidade aos nosos centros museísticos desde unha pantalla do computador. Ou sexa, ao non contar coa presenza dos nosos visitantes “in situ”, poderemos realizar a visita guiada ou temporalmente as exposicións que presentemos no MELGA ou calquera outro museo, de forma VIRTUAL.

 

Todos sabedes o noso lema: “O MELGA é un museo vivo en constante evolución”, non teremos mais remedio que adaptarnos aos novos tempos do século XXI que se nos aveciñan.

 

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.