Os centros docentes do veciño municipio de Fisterra serán os que nos acompañen durante esta semana que iniciamos. Hoxe inicia este camiño, o CEIP. Mar de Fóra, un grupo numeroso de preto de medio centenar de alumnos e alumnas de 3º-4º-5º e 6º de Primaria do ensino Infantil, con idades comprendidas entre os 7 e os 11 anos de idade. Todos eles viñeron acompañados dos seus titores/profesores Chema Camiña, Mateo López, Viki Vázquez e Jacobo Trillo, coordinador y profesor especialista de Educación Física del centro docente.
Pódese comentar que case o centro queda baleiro de alumnos, xa que fóra dos nenos máis pequenos de 3 a 6 anos que non se desprazaron a Ponteceso, non faltou ninguén para realizar a súa última excursión de Fin de Curso, nunha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA).
Aínda sabendo a dificultade que entraña un grupo tan heteroxéneo, o mesmo funcionou extraordinariamente moi ben. A única dificultade é adaptar ao mesmo tempo os xogos ás idades que lles corresponden. A desvantaxe foi, que se perdía tempo para desenvolver algúns xogos que se seleccionaron. Por iso, se a iso engadimos o axustado do tempo dispoñible, só poidose visitar a primeira sala e con moita aceleración. De todos os xeitos a atención e participación, tanto de profesores como alumnos foi completa.
Segundo palabras da dirección do centro, para o ano entrante virían con máis tempo para empaparse de todas as salas do museo, para tamén gozar das belezas das paisaxes e os monumentos que o municipio pontecesán ofrécelle. Seguro que repiten!, pero cunha xornada ao completo de mañá e tarde.
Leave A Comment