Esta mañá de domingo de febreiro recibimos, por primeira vez un grupo pobrense, nas nosas instalacións do Centro Cultural do municipio de Ponteceso, onde se atopa situado o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA).
Os excursionistas, nun número superior á trintena persoas (34), eran compoñentes asociados da ANPA O Areal | EEI Fernández Varela e procedían do municipio da Pobra do Caramiñal. Un grupo moi heteroxéneo xa que asistían á visita guiada, desde nenos en carriños de 2 anos, novos e persoas adultas de 50 anos de idade. Ao mando do grupo viña acompañados da presidenta do anpa Raquel Fernández e coordinadora da actividade.
Con gran entusiasmo e despois dunha viaxe un pouco longo, deuse inicio á visita guiada co noso director-guía e Vanessa Casais que exercía de axudante, iniciando a mesma, como de costume, pola exposición exterior dos “Murais de azulexo sobre xogos tradicionais galegos”, visionado do “Cantamos : xogos populares” (himno do museo) e o “Cómic MELGA” (visita virtual do mesmo), para introducirse finalmente nas salas expositivas do museo.
Durante máis de dúas horas e media todos os compoñentes do grupo, gozaron das explicacións levada a cabo e participaron dos xogos tradicionais de interior programados. Foi un intercambio moi satisfactorio pois pais e nais e nenos e nenas en conxunto, que gozaron incansablemente durante todo o tempo dispoñible. Aínda que o tentaron, non puideron bater ningunha marca aínda que nalgunhas delas estiveron a piques de alcanzarse.
A maioría dos “excursionistas” quedaron moi sorprendidos polo museo e sen dúbida que regresarían, se é posible sen nenos porque non puideron observar a magnitude do mesmo, moi curto e que desde logo recomendarían a todos os amigos, que non puideran vir, que non llo perdesen noutra ocasión. Felicitamos ao grupo pola súa asistencia e pola súa colaboración en todo momento.
Finalmente, polo bo comportamento e interese por parte dos nenos e nenas, que asistiron á sesión lúdica, que eran moi pequenos e non conseguiran as medallas para levar o premio da visita, Ricardo Pérez e Verdes fixo entrega a todos os nenos/as participantes unha bolsa con agasallos de perinolas, perindolas, ioió, taca-taca etc.
Unha nova poboación que se achega ao MELGA para visitarnos por primeira vez: Pobra do Caramiñal, poboación da provincia da Coruña da comarca do Barbanza.
Leave A Comment