Con motivo da celebración do “International Games Month” (O mes internacional dos Xogos), na súa primeira edición, que se realiza durante todos o sábado de novembro en xornada matinal, esta fin de semana pasada a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), foron convidados para organizar e programar unha sesión sobre os Xogos Tradicionais de Interior de Galicia como do mundo, nas súas versións de xogos taboleiro, enxeño, habilidade como de xogos motrices.
O lugar do encontro lúdico foi no marco incomparable da Biblioteca Municipal, antiga Arquivo de Estudos Locais da Coruña e Delegación de Facenda, situada na coruñesa rúa Durán Loriga, inaugurada en 1991, foi o primeiro centro do Sistema Municipal de Bibliotecas, especializada en literatura infantil e xuvenil.
Na primeira sesión (04/11/23), desenvolveuse unha mesa redonda cuxo título foi “Artesanía e creatividade galega no mundo do xogo”, que trataron os diversos artesáns galegos sobre a súa profesión específica sobre os xogos creativos. No segundo encontro (11/11/23) programouse un “Roteiro sobre as Tendas do Barrio da man de tendas especializadas en xogos”. Na terceira xornada (18/11/23) que correspondeu ás nosas entidades sinaladas, baixo a título de “Xogamos ao Grande”, en dito devandito edificio histórico, no seu atrio central e iluminados dunha cúpula cunha preciosa vidreira, situáronse os 25 xogos planificados para esta sesión tan especial. Tamén, pero neste caso na propia biblioteca, a coruñesa “Asociación Draco” realizou unha práctica sobre xogos actuais de mesa, rol e miniaturas.
A sesión lúdica tivo un horario matinal entre a franxa das 10:00h. ata as 14:00 h. As catro horas dedicadas á sesión, tivo unha afluencia de público moi numerosa durante toda a mañá, pois aínda sabendo que era un día de descanso familiar (sábado), puntualmente ás 10,00h., cando se abriron as portas do recinto, xa tiñamos entusiastas e visitantes para participar da mesma. E así durante toda a mañá, entrando e saíndo persoas do local e como era de supoñer, os participantes foron na súa maioría familias ao completo con nenos e nenas de curta e mediana idade e que estaban acompañados de avós, nais, pais, irmáns, amigos,… pero tamén, por profesores e profesoras cos seus fillos que estiveran no MELGA, exalumnos/as do noso director, etc…, por moitos visitantes interesados na temática exposta e algún que outros “descoidados” turistas anglosaxóns, que pasaban por alí, e compracéronse dos nosos xogos tradicionais, realizando varias prácticas deles.
Debemos comentar, que foi tan grande o entusiasmo na devandita sesión lúdica, que houbo momentos que, Ricardo Pérez e Verdes director do MELGA non daba abasto, entre as explicacións e práctica dos xogos, entrega de folletos, o interese en realizar unha visita guiada en Ponteceso, os horarios do mesmo, a prensa escrita e oral, etc. para dar solucións a todos que as precisaban.
Un acto inmensamente satisfactorio, moito público e un éxito rotundo en organización e participación. Hai que comentar que recibimos moitas felicitacións de persoas asistentes, así como da dirección e técnicos da biblioteca. Un encontro interxeracional de primeiro nivel.
Só quédanos convidar, outra ocasión máis, a todas aquelas persoas que o desexen, que a cuarta e última sesión (25/11/23), será sen dúbida outro día para gozar a lume de biqueira coas nosas familias nos “Xogos pequenos” para nenos entre os 2 e os 4 anos e ademais contarase cun espazo dedicado ao xogo e lectura: Bibliolab. Se non queredes arrepentirvos, por favor, asistir a esta clausura do “International Games Month” (Mes Internacional dos Xogos), xa que estamos seguros, que vos merecerá a pena. Debido ao éxito obtido, a organización xa está a preparar a segunda edición para o ano 2024.
Leave A Comment