Este ano o Acto Central do Día do Péon 2016, proposto por Brinquedia (Rede Galega de Xogo Tradicional), con motivo de “Polo San Martiño peóns ou camino”, recaeu a súa organización na Fundación Ricardo Pérez e Verdes e no MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia) do concello de Ponteceso, dentro do seu V FESTIPOPEÓNS.
Como estaba planificada a xornada deu comezo sobre as 10,00 h. de mañá e finalizou sobre as 13,00 h. nas instalacións do Centro Cultural, salas interiores do museo e nos campos de xogos exteriores. Cunha participación que roldaba os cento cincuenta estudantes e un grupo numeroso de profesores/as de ambos os centros e uns moitos avós/as dos nenos e nenas do CEIP. Eduardo Pondal (Ponteceso) e do IES. Ponteceso da vila pondaliana, iniciouse a sesión cos monitores do centro museístico, dividindo o grupo en tres subgrupos, dos cales, uns comezaron nos talleres de tuneado, recortables, pintura, escultura, etc., outros visitaron as exposicións de gravados gregos, do medioevo, renacentistas, ilustración, cubistas, modernistas, etc. (preto de 200 ilustracións) acompañados polas explicacións do director do MELGA, de “Xira e Xira” e “Peóns, trompos, perinolas e perindolas do mundo” (coleccións de Charo Español (Santiago), Ángeles Lence(Arteixo) e Ricardo Pérez (Ponteceso) e o terceiro grupo realizaron a competición ou concursos de habilidade, resistencia, precisión e trucos co peón. A continuación todos os grupos rotaron polos diferentes apartados indicados.
Finalmente tentouse bater o record establecido o ano anterior de 58 peonzas bailando ao mesmo tempo, pero este ano, non debemos de adestrar o suficiente, xa que quedamos sen superalo, pero iso se nos citamos de novo para o ano entrante.
Finalizada toda a parte teórico-práctica e despois de facer a presentación oficial da mascota do evento o “BUXAINZIÑO”, sete nenos e sete nenas seleccionados polos seus centros, leron oralmente para todos, artigos, poesías, contos, etc..de autores tan importantes como Quevedo, Lorca, Rubén Darío, Cervantes, etc., relacionados algunhas das súas obras cos peóns, trompos, perinolas e perindolas. Seguidamente Xabier P. Docampo, autor do Manifesto deste ano, leu coa excelencia que nos ten afeitos, o magnífico e emotivo pregón “Ou peón do avó”, que este foi moi aplaudido por todos os asistentes ao acto. En todos os colexios ou escolas públicas ou privadas de Galicia, ás 12,00 h. leuse o dito Manifesto e fixose unha tirada de peonzas en todos os patios correspondentes.
Despois deste Acto Central, entregáronse os trofeos aos vencedores dos concursos que resultaron ser: campión absoluto Raúl Vázquez (11 anos) do CEIP.Eduardo Pondal, con 19 puntos; o subcampión, con 18 puntos, foi para Diego González (11 anos) do CEIP Eduardo Pondal e terceiro clasificado foi para Martín Fernández(11 anos) tamén do CEIP Eduardo Pondal con 14 puntos. Tamén tiveron os seus obsequios de recordo, os centros invitados e ao extraordinario orador do magno acontecemento.
Como broche final, presentouse a canción “Coma ou trompo” do grupo Ourensons, e despois de entregado o estribillo da mesma a todos os alí asistentes, improvisouse un coro ao estilo “góspel”, e entoouse ao unísono dita canción, sendo o colofón alegre e festivo de todo o festival. A festa rematou cun magosto degustando as saborosas castañas galegas.
Por parte de todos os estamentos alí representados (concello, colexios, profesores, alumnos/as, autor, fundación Eduardo Pondal e persoas particulares), Ricardo Pérez e Verdes, presidente-director e organizador do evento, foi publicamente e persoalmente inmensamente felicitado polo gran acto que se planificou e desenvolvido.
Leave A Comment