O próximo día 24 do presente mes de outubro, a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia,( MELGA), foron convidados pola Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso, para organizar nun festival de “Xogos Tradicionais con madeira“, con motivo da xornada Que din vos rumorosos? dentro do Foro Madeira, vía de Progreso.
A sesión será matinal de 10,00 h. á 14,00 h. onde os alumnos e alumnas dos seis centros escolares convidados, Malpica, A Baña, Santa Comba, Coristanco, Cabana e Ponteceso, en idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos de idade, gozasen de xogos tradicionais galegos confeccionados de madeira como elemento único. Non faltarán: a ra, o tiroalpalo, os birlos, as casas, os buracos, a pesca, etc… que serán practicados ao aire libre no campo exterior da Fundación Pondal.
Se é o voso desexo, tamén poderán participar aquelas persoas que estean interesados na devandita actividade.
Leave A Comment