Esta fin de semana o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso desprazouse á vila costeira de Mera, parroquia de Serantes do concello de Oleiros, para celebrar os cumpleanos dos nenos Pablo e Xana Pérez Llorente, de 5 e 3 anos respectivamente.
A festa de aniversarios de Pablo e Xana desenvolveuse na Casa do Pobo do concello, que xentilmente cedeu dita instalación para celebrar o aniversario. Máis dun centenar de invitados achegáronse ao recinto, entre eles uns corentena correspondían a nenas e nenos amiguiños dos homenaxeados e os restantes eran pais e nais dos mesmos e familiares dos cumpleañeros.
Durante todo o acto matinal, os xogos e deportes tradicionais galegos foron, a actividade principal de todos os asistentes. Non faltaron “o paso da ponte”, “camiñar con culler e ovo”, “o elefante”, “ as tartarugas”, “os hoyetes”, “a pesca”, “carreira de sacas”, “turra da maroma”, etc. onde pais/nais e fillos/ as en parella, se divertieron e recrearon ao máximo. Como novidade desenvolveuse, só para nenos e nenas, un concurso de pintura sobre os xogos presentados na festa e a continuación expuxéronse a todo o público en xeral, e por suposto, todos obtiveron a máxima cualificación.
Mais de dúas horas de “xolda” onde os “ chuches”, agasallos para todos os asistentes, picnic para repoñer forzas e como broche de ouro, non podía faltar como final de festa unha cucaña mexicana, para algarabía e xúbilo de todos pequerrechos.
Unha actividade, increiblemente exitosa, recomendable para todos, combinando diversión e cultura.
Leave A Comment