FINALIZADAS As VISITAS GUIADAS DE CENTROS ESCOLARES, HOXE INÍCIANSE Os CAMPUS DEPORTIVOS URBANOS E RURAIS DE VERÁN

A semana pasada (21 de xuño-23) demos por finiquitado as visitas guiadas para centros escolares, para este curso 2022-23. Hoxe luns día 26 de xuño inícianse as visitas guiadas no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) en Ponteceso, para campamentos ou campus deportivos, tanto urbanos como rurais, recibindo neste primeiro día a un grupo de campistas do Albergue Alalá Terra e Sons SL. de Cabana de Bergantiños, cuxos integrantes proceden da coruñesa vila de Carral. En total son sesenta nenos e nenas de 11 e 12 anos de idade, que viñan acompañados polos seus monitores Virginia Blanco, Eva Carril, Sergio Vicente e Yago Espasandín representante do grupo.

Ao contar cun número grande para realizar a visita guiada, estes foron divididos en dous grupos de 25 persoas, os cales traballaron ás ordes da profesora Jessica Pouse (colaboradora do museo) no exterior do campo de xogo e con Ricardo Pérez e Verdes no interior do museo, realizando o percorrido polas salas expositivas. 

Con preto de tres horas de prácticas e coñecementos sobre os xogos e deportes tradicionais de Galicia, de España e do mundo, os alberguistas cambiaron a súa rutina diaria, por unha xornada estival diferente á afeita noutras ocasións. Para todos eles (nenos/as e monitores) era a súa primeira vez en visitarnos.

 Como anécdota reseñable da sesión, temos que dicir, que para entrar en calor, todos os campistas desprazáronse andando, ao redor de 5 quilómetros, desde Cabana de Bergantiños ata o MELGA, polos magníficos carreiros do Malecón, xunqueiras e os meandros de río Anllóns. Outra experiencia inesquecible para todos eles, aínda que sen dubidalo esgotadora.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.