Futuros mestres de educación Infantil de novo visítannos

Despois dun ano ausentes, o CIFP. Superior de Educación Infantil de Santiago de Compostela, regresaron de novo ao MELGA de Ponteceso, cun grupo composto de medio centenar de alumnas e alumnos e as súas profesoras María José Vilar e Pilar Ares coordinadora da xornada. Hai que destacar que entre os visitantes estudantís, soamente había dous alumnos.

Con máis de tres horas de visita guiada, co director do centro, a totalidade dos futuros docentes e as súas profesoras tiveron a oportunidade de coñecer o museo con mais detemento que outras veces, pois o seu interese “profesional” futuro, así o requiría. O guía recibiu constantemente por parte de todos eles constantes preguntas e aclaracións sobre o mundo do xogo, os entretementos e o deporte tanto tradicional, popular como moderno. Non deixaron de obter imaxes de cada peza para o seu desenvolvemento nos seus futuros ensinos docentes.

 

CIFP. Superior de Educación Infantil de Santiago de Compostela

 

Tamén tiveron a oportunidade en participar nos diferentes xogos propostos, aínda que ao principio non todos, seguramente para non demostrar as súas carencias motrices, pero mediado o percorrido, todos os alumnos e as profesoras, animáronse intensamente para practicar, abrigo, os xogos galegos.

Entre os compoñentes do grupo do ciclo superior santiagués, atopábanse varios alumnos doutras comunidades autónomas, que na súa honra, Ricardo Pérez e Verdes, seleccionou varios xogos, os máis representativos da súa rexión, realizando un intercambio entre comunidades.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.