Durante esta fin de semana, do 22 ao 25 do presente mes de febreiro, A fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), foron convidados á Facultade de Motricidad Humana da Universidade de Lisboa, para participar nunha exposición e unha conferencia sobre a Historia dos Xogos e Deportes Tradicionais. Tanto a exposición como o congreso estiveron situados nas instalacións do MUHNAC (Museo da Universidade de Lisboa). A exposición levaba por título “Os xogos e deportes tradicionais vista a través das obras da pintura”. Dita mostra constaba de ao redor duns sesenta pezas que correspondían a cincuenta cadros (orixinais) e dez esculturas. Grazas aos préstamos dalgunhas dos pinacotecas portuguesas, sobre todo lisboetas, que cederon os seus fondos para realizar esta magnífica exposición. Non faltaron imaxes de Chardin, Manet, Vanloo, Mercier, Teniers, Mirou, Gilbert, Picasso, Fragonard, etc. Na imaxe, que inicia esta pequena crónica, o noso director do MELGA está diante do cadro orixinal de Edouard Manet, pintado en 1867 en París, que leva por título “As pompas de xabón”.
En canto ao apartado de conferencias ou relatorios presentados no congreso presentáronse diversos temáticas sobre o xogo e deporte tradicional, visto desde o prisma lúdico-cultural-artístico das sociedades pasadas e post-contemporáneas. Nesta ocasión a charla referida ao único representante de Galicia, no encontro internacional, correu a cargo do noso director do MELGA, co título de “A maxia das burbullas de xabón”, onde fixo un percorrido histórico sobre gravados e pinturas mais representativas de cada época desde a idade media ata os nosos días. O tema escollido por Ricardo Pérez e Verdes foi sorprendente xa que nin o mesmo podería pensar que este entretemento (para todas as idades) puidese ser, sen chegar a equivocarse, o primeiro xogo tradicional máis pintado polos artistas de todos os tempos.
Despois do éxito logrado, a cita próxima será outra vez en Lisboa a finais do próximo mes de marzo pero nesta ocasión na espectacular Fundación-Museo Calouste Gulbenkian, con outras temáticas diferentes. Se existise o apoio institucional público e empresas privadas necesario, como este é o caso, seguramente, o concello de Ponteceso, a Fundación e o MELGA, poderían nun futuro, ser sede dalgún destes magnos acontecementos lúdico-culturais.
Leave A Comment