O luns pasado día 3 de agosto, o medio de comunicación Cadea SER Radio Nordés, púxose en contacto co Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso, para coñecer de primeira man, todas aquelas actuacións museísticas, en referencia a esta atípica tempada de 2020, con motivo da pandemia COVID-19.
No programa “Vivindo a Costa da Morte”, dirixido e presentado polo coñecido e popular Josiño, o noso director Ricardo Pérez e Verdes, foi entrevistado en amplitude, polo popular e coñecido locutor radiofónico.
Non faltaron preguntas sobre como levou o confinamento no museo, as visita persoais e guiadas, as actividades realizadas, medidas hixiénicas, novo horario de verán, número de visitantes, as súas procedencias, etc. e finalmente solicitóullenos como ían os preparativos da Reunión do Consello de Administración da Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais, xa que o día 31 finalizaba o prazo para as tres candidaturas (Universidade de Coimbra (Portugal), Concello da Almunia de Dona Godina (Zaragoza) e Concello de Ponteceso- MELGA) que optabamos a ser a sede de tal magno acontecemento.
Informamos que ata o momento non temos noticias de quen levou “o gato á auga” da súa organización (Marzo/Abril de 2021), aínda que temos ferventes esperanzas que Ponteceso sexa o elixido, pois a través do seu alcalde Lois Carballido, co seu sempre apoio e colaboración, coa corporación municipal e as empresas locais privadas do municipio, estamos seguros, que con todos eles unidos, concédasenos a sede e así podamos gozar dun evento tan importante nas nosas terras pondalianas de carácter internacional. Crucemos os dedos e a esperar acontecementos.
Leave A Comment