Aínda que o noso pensamento e ilusión que tiñamos para este ano 23, sobre as visitas que poderiamos lograr neste ciclo anual de descanso de Semana Santa, era o conseguir un gran número de visitantes, non foi como o esperado e as nosas perspectivas, aínda que podemos considerar que o noso Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso, estivo un pouco por baixo do ano 21 (que foi extraordinario), pero algo superior ao ano 2022,foi moderadamente satisfactorio, en canto a visitas de turistas refírese.
O ascenso de participantes foi aproximadamente dun 10%, logrando unha cantidade que nos achegamos case aos dous centenares de persoas que visitaron as instalacións museísticas da nosa localidade pontecesá. Cremos que as visitas aos museos destas datas, sobre todo na Costa da Morte, foi bastante menor que os anos anteriores, o baixón veu dado na súa maioría, segundo consultas realizados con outras institucións, por aquelas persoas que realmente desexaban gozar con moitas ganas, das terrazas e praias (xa que o tempo acompañaba) e festas gastronómicas da zona, máis que da parte cultural. Aínda que hai que comentalo que os turistas que nos visitaron, viñan coa mente posta, polas referencias obtidas nas redes sociais, conscientemente da súa visita e á mantenta.
Os visitantes procedían na súa maioría da provincia da Coruña (Cambre, Ferrol, Santiago, Arteixo, Muxía, Camariñas, leiloio, Carballo, Laxe, Brantuas, Corme, etc.), das cidades de Lugo, Pontevedra e Ourense, doutras comunidades españolas como Andalucía, Madrid, Castela a Mancha e Asturias e doutros países como Cuba, Francia e Suíza.
De todos os xeitos cremos que o MELGA foi unha excepción e como comentamos anteriormente, o noso recinto converteuse nun centro de actuación cultural destacable, cuestión que como de costume agradecemos enormemente. Tamén puido ser que a afluencia de público ao MELGA, fóra a nova modalidade de introducir visitas guiadas, con previa cita e lista de espera os días grandes do xoves, venres, sábado e domingo santo e a ampliación de horarios de visita. Cremos que foi outra gran oferta, que seguiremos mantendo para os anos vindeiros.
Leave A Comment