Ao redor de 30 alumnos e alumnas da Universidade Laboral da Coruña, desprazáronse onte luns día 8 do presente mes de novembro a Ponteceso para realizar no Museo Etnolúdico de Galicia(MELGA), por primeira vez, unha visita guiada. Os compoñentes do grupo viñan acompañados da profesora Marisol Montes e o coordinador da actividade e profesor Alberto Antelo, casualmente ex alumnos do noso director Ricardo Pérez e Verdes, na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física (INEF-GALICIA) hai algúns anos.
Os discentes correspondían ao Ciclo Superior de Técnico Superior en Ensinos en Animación Sociodeportiva, que imparte o IES. da Universidade Laboral. Como caso excepcional, realizaron unha xornada vespertina, xa que os luns non se abre o museo por descanso do persoal, pero a dirección do mesmo, accedeu á petición da entidade docente. Tanto profesores como alumnado, suplían as súas horas lectivas teórico-prácticas da materia da curricula “Xogos e actividades físico-recreativas e de animación turística”, para cumprimentar a devandita materia co contido da visita ao museo do xogo e deportes pontecesán.
Durante mais de tres horas (de 16,00 h. a 19,30 h. aprox.) de percorrido polo museo, cada un cos seus cadernos, bolígrafos e cámaras, etc., apuntaban e captaban imaxes de todo o que alí, o guía propoñíalles. Moitas preguntas, moito interese e asombrados da exposición, consultando permanentemente todo aquilo que non coñecían. Os futuros docentes procedían sobre todo de Galicia, aínda que tamén se atopaban alumnos/ as de Canarias, Castela-León, Brasil, Portugal, Arxentina e Colombia.
A maioría dos visitantes, tanto galegos como foráneos, as súas cuestións ían encamiñadas polo xeral, a coñecer en profundidade os entretementos e os Xogos e Deportes Tradicionais Galegos, as súas regras e a forma de xogalos. Finalmente despois da exposición teórica, cada un deles gozou practicamente dos xogos alí seleccionados.
Unha xornada moi gratificante e desexando volver noutra próxima ocasión para ampliar coñecementos e realizar un taller sobre os xogos e deportes tradicionais galegos. Invitados quedaron.
Leave A Comment