Durante esta fin de semana, do 29 de abril ao 1 de maio do presente ano 2023, o director do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) e presidente da Fundación Ricardo Pérez e Verdes e a súa vicepresidenta do Padroado Lola Roel, desprazáronse á Feira de San Lázaro, no municipio lucense de Sarria, para asistir á XXVI Feira de Antigüidades e Restauración.
O recinto feiral situouse moi próximo ao marabilloso centro urbano de Sarria e polo paso obrigado do Camiño Francés de peregrinación a Santiago de Compostela. O horario de apertura das trinta casetas das tres xornadas foi de 11,00 h a 14,30 h e de 16,00 h. ás 20,30 h. Non só na feira exercéronse transaccións comerciais senón que se desenvolveron actividades culturais, artísticas, folclóricas, exposicións escultóricas e pictóricas, roteiro de coches clásicos, concertos musicais, talleres e por suposto non podía faltar a gastronomía.
A feira de Antigüidades e Restauración de Sarria (Lugo), patrocinado polo concello, constitúe unha das feiras de antigüidades e restauración máis importantes de Galicia. Así quedou plasmado polos nosos membros institucionais, pois mentres asistían ao devandito evento, localizaron unha peza centenaria (103 anos), valiosa, excepcional (xa que quedan moi poucas pezas en circulación), e en moi bo estado de conservación, para ampliar os fondos museísticos do noso modesto e pequeno museo, situado na vila coruñesa de Ponteceso.
A adquisición corresponde a un Cuatriciclo ou carro holandés errante ou voador de madeira, ferro e gomas nas súas rodas, marca Flying Dutchman, datado aproximadamente nos anos 20 do século pasado, localizado nun pazo galego pontevedrés do século XVII. Estos cuadriciclos ou cuatraciclos foron creados arredor do ano 1886. Funcionan accionando a panca do guiador coas mans e as rodas atópanse coas súas gomas de orixe e engrenaxe na parte traseira.
Como é de supoñer, nunhas semanas, despois do debido recoñecemento exhaustivo, a peza atoparase exposta nas nosas salas de exposición, para que todos os visitantes poidan comprobar a magnífica adquisición que fixo a Fundación Ricardo Pérez e Verdes para o MELGA. Creo que será unha dos obxectos destacables nas nosas vitrinas expositivas. Pois así, seguindo co noso lema: “O Melga debe ser un museo vivo e en constante evolución”
Leave A Comment