Apurando ata o final as visitas ao MELGA desta tempada estival

Esta última fin de semana (días 9 e 10) do presente mes de setiembre, finalizamos o que denominamos o “Horario de Verán” (15 de xuño a 15 de setiembre) ao tocante ás visitas libres e guiadas ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), entidade situada na vila de Ponteceso (A Coruña).

Podemos destacar que non deixaron de visitarnos, sobre todo grupos a nivel persoal ou familiar das diferentes cidades españolas, así como das nosas provincias da Comunidade Autónoma de Galicia. Sinalamos con respecto aos visitantes foráneos de Madrid, Barcelona, Tarragona, Xixón, Salamanca, Rentería, Forteventura e Mallorca e da nosa comunidade familias da Coruña, Cedeira, Arteixo, Lalín, Lugo, Carballo e Allariz. Para algúns deles era a súa primeira inclusión no noso museo, como comentaban, de casualidade decatáronse do devandito museo ao pasar pola nosa terra bergantiñá, en cambio para outros era a súa segunda ocasión en visitarnos, pola insistencia de “péquenos “ da familia. Aínda que na súa maioría eran persoas adultas, os nenos e nenas foron, sen dúbida, os protagonistas de cada sesión. Foi sinceramente espectacular.

Durante estes dous días, recibimos con gran alegría dúas visitas importantes para o noso museo, primeiramente o sábado achegouse ao museo o noso amigo Rafael Vidal, ex – Xefe de Protocolo, durante máis de vinte anos, da Deputación da Coruña, que se atopaba pasando as súas vacacións no concello de Laxe. Rafael, desde o día da inauguración (27-09/13) que estivo presente, non volvera ao mesmo e observou con admiración o avance realizado nestes dez anos pasados, quedándose perplexo da súa amplitude das novas pezas adquiridas e expostas. Con gran sorpresa pola nosa banda, Rafael fíxonos entrega de dúas caixas de trens eléctricos antigos, unha da Marca Rico (España) e outra da marca Lima (Italia), aproximadamente dos anos 50 e pertencentes a el e ao seu irmán Francisco Vidal da súa infancia. O noso presidente da Fundación e director do MELGA agradeceu a ambos o xesto de altruísmo pola súa banda e sen dúbida engrandecerán os fondos da Fundación e que prontamente serán expostas nas vitrinas do museo, cando sexan catalogados. Por suposto, tivo a xentileza, en nome de ambos os irmáns, asinar no “Libro de Ouro” do museo.

Seguindo coas sorpresas, o domingo visitounos unha familia ao completo do pobo de Berga (Barcelona) da Comunidade Autónoma de Cataluña. Facía moitos anos, que o meu amigo Óscar García Pertusa, a súa esposa Neus Ribeira e os seus fillos Erola, Oleguer e NIl (fillo político),  desexaba coñecer de primeira man o noso MELGA.

Óscar García é o co – fundador da Compañía de Xogos Anónima, asociación dedicada a promocionar e recuperar o xogo tradicional, é membro da Federación Catalá de Xogos Tradicionais e nestes momentos é un dos mellores especialistas sobre xogos de taboleiro tradicionais. Toda a familia son protagonistas en activo, sobre o ensino do mundo lúdico nas escolas e entidades públicas e privadas.

Unha mañá ao completo, cunha visita guiada en profundidade, con máis de catro horas de percorrido, intercambiando experiencias sobre a temática e ao mesmo tempo adquirindo coñecementos sobre xogos e deportes tradicionais galegos, moitos deles novas para todos. En moitos instantes os visitantes polo sua conta, se uniron a visita guiada.

Despois da intensa sesión, Óscar García, quixo agradecer a atención que lle prestabamos e tivo a deferencia de deixarnos unhas palabras no “Libro de Ouro” do MELGA. O seu texto foi o seguinte:

“É un pracer inmenso vivir a paixón lúdica cun amigo como Ricardo. O xogo sempre está no centro da nosa vida para vivir os mellores momentos e que podamos compartilos. Es unha referencia para todas as persoas que amamos o xogo tradicional. É un auténtico luxo vivir momentos como o vivido no teu museo, que é unha xoia única. Desde Berga sabes que che queremos moito. Óscar García Pertusa. Cia. Jocs Anónima.”

Tamén engadiron: “Con moito agarimo visitamos un museo único co mellor de todo: unha persoa apaixonada polo xogo”. Neus, Erola, Oleguer e Nil. Berga (Barcelona) 10/09/23)”

Finalizado o acto da firma protocolaria, Ricardo Pérez e Verdes, fixo entrega a Óscar García, dunha bolsa con publicidade turística do noso concello, así como algúns obsequios representativos das nosas institucións, e sen dubidalo, como recordo deste día, tan excepcional, pasado en mutua compañía. Grazas pola vosa amizade e agarimo.

 

Ricardo Pérez y Verdes firmando un documento con un compañero

Grupo de visitantes en el Museo MELGA

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.