Como en ocasións anteriores e esta é a terceira vez, un grupo de preto de setenta persoas maiores da concellería de Servizos Sociais do Concello de Oleiros (A Coruña),dentro do programa “Ven e descobre” que está a realizar a ruta “ Buño a cerámica viva” acompáñannos este sábado pola tarde, para coñecer “in situ” as instalacións do noso MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia). A visita tivo unha duración de case dúas horas, podendo neste curto espazo de tempo, soamente a primeira sala. A segunda queda para outra ocasión. Bateuse por parte deste grupo o record masculino da persoa de maior idade con 89 anos de don Emilio González González, superando a marca anterior de 87 anos, desde facía tres anos, que o veciño de Vimianzo Alberto Cánduas establecera. En mulleres aínda perdura a que ostenta a veciña de Anllóns (Ponteceso) Delia Cotelo con 94 anos, aínda que case estivo unha veciña de Oleiros con 90 anos para levar o galardón. Ao grupo uníronse dúas familias cos seus fillos da Coruña e Ponteceso que aproveitaron, solicitando a debida autorización, xa que eles viñan soamente como visita xeral, para intervir na visita guiada.
A xornada foi especialmente moi satisfactoria, como sempre, pois non deixaron de participar oral e fisicamente en toda a actividade e iso que se atopaban un pouco fatigadas coa mañá intensa levada a cabo en Buño, pero hai que comentar que son todos uns magníficos “deportistas” tanto a nivel motriz como anímico. Outra xornada máis de recreación e divertimento levada a cabo no Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA). Felicitacións.
Leave A Comment