O centro escolar privado do British School da Coruña, pecha hoxe mércores día 27 de novembro, as numerosas visitas guiadas celebradas neste espléndido mes que imos finalizar, aínda que non fose el último, pois ata final de mes tiñamos reservas, pero debido á folga do transporte escolar, tivemos que modificar as asistencias e deixalas para o mes seguinte e algúns para o ano entrante.
A visita corresponde á sexta ocasión que recibimos a este centro docente, a través dos once anos da nosa asistencia, pódese dicir, que é un “fixo” de cada tempada en chegar á vila de Ponteceso para visitar o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA).
O grupo compoñíano preto de corenta alumnos e alumnas de 2º de ensino infantil (4 anos) e viñan acompañados polas súas profesoras titoras Andrea Veiras, Alison Moore, Uxía Silva e Nicola Jeken que representaba o grupo.
A sesión teórica-práxica tivo unha duración de case dúas horas onde a sesión, como era preceptivo, estaba adaptada a nenos de pouca idade. Segundo comentáronnos, pasárono “divinamente”, que aprenderon moitas cousas sobre o mundo dos xogos e xogaron amplamente de todos os xogos planificados para a sesión. Ao ser un centro bilingüe nalgún momento da visita falouse no idioma inglés.
Ao finalizar a sesión lúdica, a dirección do centro obsequiou ao centro escolar uns recordos sobre o MELGA e ampla publicidade do concello de Ponteceso. Unha xornada diferente, con moi boas vibracións en todos os asistentes, tanto profesoras como alumnado. Sen dúbida queda asegurada unha nova visita guiada para o mes entrante ou para o próximo ano, pero cun grupo diferente.
Leave A Comment