Preto duns noventa alumnos/as do CEIP. María Barbeito da Coruña, visitaron por segundo ano consecutivo o MELGA de Ponteceso.
Este ano correspondeulles aos alumnos/as de 4º de Primaria (9 anos), acompañados das súas profesoras. Considerando que o grupo era bastante numeroso, temos que destacar o gran interese e as ganas que puxeron todo o alumnado, demostrando durante o case tres horas de estancia no recinto museístico unha fervente ansia de coñecemento e aprendizaxe.
Polas inclemencias do tempo só púidose realizar a visita interior(teórico-práctico) ás salas 1 e 2 do museo, xa que no exterior era imposible realizar calquera xogo, pois a climatoloxía non nos acompañou.
Meritorio destacar o gran grupo que pasou polas nosas instalacións, moi diferente ao do ano anterior.
Parabén!
Leave A Comment