Centro escolar que visita o Melga de Ponteceso por primeira vez, o CEIP Plurilingüe de Sigüeiro-Oroso (A Coruña)

Un numeroso grupo de alumnos do CEIP. de Sigüeiro-Oroso (A Coruña), desprazáronse a Ponteceso para realizar unha visita guiada ao MELGA, este venres pasado día 14 de decembro. Os oitenta nenos e nenas de 1º e 2º de primaria, en idades de 6 e 7 anos de idade, foron acompañados polas súas sete titoras/profesoras Ana, Fina, María, Maite, Begoña, Maite e María José Sánchez que exercía de coordinadora de grupo.

 

CEIP. de Sigüeiro-Oroso (A Coruña)

 

Debido ás circunstancias da viaxe, que durou en demasía por falta de puntualidade na saída, inclemencias do tempo, descanso tentempié e outros motivos diversos, a sesión que debería estar nas tres horas de visita guiada, converteuse nunhas escasas dúas horas de duración, non podendo realizar a visita ao completo, pois só deu tempo á primeira sala, aínda que tamén de forma incompleta. De todas as maneiras a participación e a atención do grupo foi extraordinariamente positiva e moi enriquecedora para todos eles, do mesmo xeito que para as profesoras acompañantes. Todos tiveron, na súa medida, unhas diferentes prácticas sobre os xogos tradicionais galegos presentados, aínda que en formato reducido.

A proposta realizada por todos era que así terían a oportunidade de regresar de novo nunha xornada matinal-vespertina, pero en grupos mais pequenos para poder aproveitar a visita a pleno rendemento e ao mesmo tempo, o poder percorrer turística e culturalmente un percorrido polo concello de Ponteceso, pois moitos deles non o coñecían.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.