Coa visita de corenta alumnos e alumnas do CEIP. O Pindo de Carnota, dáse por finiquitado, para este curso escolar 2017-18, as visitas guiadas ao MELGA de Ponteceso. O grupo en concreto era moi heteroxéneo, pois estaba formado por nenos e nenas na pinza dos 3 aos 14 anos. Para todos os visitantes, era a primeira vez que se achegaban ao museo do xogo e do deporte, aínda que tiñan coñecemento da existencia do devandito recinto, pero nunca tiveran a oportunidade de programar a devandita excursión de curso ao MELGA, ata estes momentos.
Os nenos/ as estiveron acompañados polos seus profesores-titores Fátima Parga, Manuel Pérez e María Sagrario Castro, directora do centro e organizadora do evento. A gañadora dos concursos de coñecementos e prácticas dos lúdicas dirixidas polo guía do museo, foi Alejandra Sambade que levou varias peonzas de diferentes países para que comece a súa colección privada. Despois de máis de dúas horas de divertimiento e xogo os docentes realizaron a ruta Pondaliana, casa de Pondal e xantaron no piñeiral de Balarés. Un final con broche de ouro.
Leave A Comment