Este domingo pola tarde, como excepcionalidade, xa que o devandito día semanal pola tarde o persoal do museo goza do día de descanso, o MELGA recibiu nas súas instalacións, por segunda vez, á Asociación de Sendeirismo Paso Miudo do Val do Ouro, do Valadouro da provincia de Lugo.
O grupo compoñíano unha vintena de persoas, coordinadas polo seu representante Juan Antonio Fernández, que se desprazaron á vila pondaliana, nunha xornada completa, gozando pola mañá dun percorrido de sendeirismo pola zona, visitando algúns lugares típicos da mesma e xantando en Ponteceso. En sesión vespertina, máis de tres horas de visita guiada, os visitantes gozaron e practicaron xogos tradicionais galegos así como outros do mundo, e esta vez si ao completo, xa que o ano anterior, por estas mesmas datas, só puideron observar e coñecer a primeira sala, pois dispoñían de moi pouco tempo para a visita, aínda que se comprometeron a vir de novo, como así o fixeron.
Nesta ocasión algúns dos presentes, como comentamos, xa coñecían a primeira salga pero en cambio, todos descoñecían a sala segunda, a que corresponde á historia dos xogos e deportes a través dos tempos e ao goce da práctica dos diferentes xogos alí presentados na sesión. Sobre as 20,00 h. os compoñentes da expedición, partiron en autobús desde o Centro Cultural (MELGA) de Ponteceso, para regresar ao seu destino ao Valadouro (Lugo). Satisfacción máxima na expedición da unha xornada lúdica, gastronómica e cultural acontecida.
Leave A Comment