Preto dunha vintena de integrantes do Curso de Monitores de Tempo Libre do municipio de Laxe, que programa anualmente o Centro de Formación e Lecer. COLAXE, achegáronse no día de hoxe (12/07/24), ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) para realizar unha visita guiada ao mesmo, xa que esta e a súa cuarta ocasión consecutiva dende o ano 2021. Os futuros monitores estiveron acompañados polo profesor Fernando Paredes coordinador e representante do centro e da actividade.
A sesión ao museo, e unha das diversas actividades que o curso tiña planificadas dos futuros animadores lúdico-culturais, ademáis da relación que o mesmo ten nas ensinanzas recreativos, co mundo do xogo e o deporte tradicional durante o Tempo Libre e o Lecer.
A duración da xornada foi moi xenerosa polo tempo dispoñible, xa que moitos dos grupos visitantes, sen dúbida, este é o cabalo de batalla de todos eles: a falta de tempo disponible. Tanto a profesora como o alumnado en xeral, quedaron extraordinariamente satisfeitos polos coñecementos adquiridos e polas prácticas que exerceron sobre os xogos tradicionais galegos seleccionados e algún do mundo. A primeira e segunda sala foron abordadas ao completo, tanto no seu aspecto teórico como práctico, cunha duración superior ás tres horas de percorrido e aínda así pareceulles algo curta polo interese que lles proporcionaba a mesma para os seus futuras ensinanzas, despois do curso que van clausurar.
Unha vez finalizada a visita guiada, tanto alumnos como profesor, tiveron a bien deixar unhas palabras no Libro de Visitas do museo, das cales transcribimos algunhas delas: “Grazas por esta visita Ricardo, foi moi lúdica e entretida”. “Moi bo museo. Boa explicación. Que siga ensinándonos así de ben”. “Ricardo é unha enciclopedia andante. Esta visita foi un agasallo. Moitas grazas pola explicación tan entretida que nos deches e por compartir connosco os teus bens máis prezados”. “Xente tan apaixonada e desexando darnos un legado a pesar de todas as trabas que lle pon a vida, hai poucos como Ricardo. Isto non é un museo pequeno, é grande. O xogo é a base da cultura e a característica común a todas as sociedades do mundo. Grazas”. “Oxalá tivese esa paixón que ten Ricardo por isto. Volvería xogar moitas veces máis”.
Un grupo inmensamente participativo e moi interesado na temática exposta, onde soamente había catro alumnos e os demais eran alumnas. As súas idades correspondían entre os 18 e 22 anos de idade. A dirección do museo, a través do seu fundador Ricardo Pérez y Verdes, agradeceu a todos os visitantes a súa participación, transmitíndolle a través da profesora Laura Fondo o agradecemento á escola e á súa directora Natali Asorey polas súas citas anuais ao noso centro museístico, como ampliación e preparación das súas actividades curriculares docentes. Como de costume Parabéns e enhoraboa!
Leave A Comment