Unha vintena de alumnos e alumnas de 2º da ESO, do CPI. As Revoltas de Cabana de Bergantiños, con idades comprendidas entre os 12 e os 13 anos, visitaron as instalacións do MELGA de Ponteceso, durante toda a mañá chuviosa do día de hoxe, venres 16 de febreiro, para levar a cabo unha visita guiada ao centro museístico. Estiveron acompañados polos seus profesores/tutores Carlos Conde, profesor de Educación Física así como por Moncho Varela ex-alcalde de Malpica, ambos amigos e compañeiros do director do Melga, un como ex-alumno da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física e o outro como xogador-adestrador de futbol en tempos pasados. Segundo palabras de Ricardo Pérez e Verdes foi sen dúbida unha gran alegría en reencontro. Hai que comentar que este centro docente ostenta no ránking de visitas ao museo, como o número un, xa que, todos os anos, é dicir catro desde a inauguración, non deixaron de asistir á cita anual ao encontro lúdico-cultural na vila pontecesana.
Como nota destacable da xornada, comentamos que asistiu como observadora á sesión escolar a profesora Maica Cotelo do municipio de Arteixo, que non perdeu ningún detalle da mesma, apuntando no seu caderno de campo, todo o que alí se expoñía e practicaba, sobre a historia dos xogos e deportes tradicionais, pois segundo comentaba persoalmente, estaba interesada en poder realizar un traballo de investigación sobre unha unidade didáctica, tendo o MELGA como referente pedagóxico e levar a cabo unha proposta ou modelo para todos os centros escolares de Galicia.
Sen dubidalo, esta foi outra das visitas que estarán marcadas no calendario como moi especial, pois tanto alumnos/ as, profesores, como a observadora presente, todos saíron da visita moi satisfeitos e con moitos máis coñecementos dos que tiñan sobre o noso patrimonio cultural, lúdico e inmaterial de Galicia.
Leave A Comment