Cuarta visita guiada consecutiva do CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños

Mais de sesenta alumnos/as do CEIP. MILLADOIRO de Malpica de Bergantiños, juntamente coas súas profesoras e coidadoras, Doura, Mónica, Sandra, Marta e Vitoria, onte achegáronse ao MELGA na súa visita anual por cuarto ano consecutivo, en xornada matinal de 9,30 h. ata as 12,30 h. (tres intensas horas de xogos e anécdotas) dun grupo magnífico de nenos e nenas entre os 3 e 5 anos. No ránking de visitas o devandito centro escolar atópase no primeiro posto en número de visitas e no número de alumnos total, no que levamos desde a nosa inauguración.

Foi unha xornada admirable e amplamente satisfactoria a que tivemos no día de onte, xa que sendo tan pequenos os visitantes, “aguantaron estoicamente”, sen acordarse do tentempié de media mañá. Destacable tamén foi as actuacións das profesoras acompañantes, que axudaron en todo momento ao bo funcionamento da sesión teórico-práctica. Segundo a súa  coordinadora Doura de Pailos comentounos: “Vin as catro veces co colexio, pero saio coma se fose a primeira vez que veño, xa que sempre existen novidades en cada sesión programada e cada día aprendo novas cousas e os nenos van felices da nova visita ao museo do xogo e do deporte do concello de Ponteceso

Unha mañá moi difícil, pola visita guiada que desenvolvemos, xa que como diciamos, eran nenos/as moi pequenos/as e un grupo bastante numeroso, o que a nosa preocupación era inmensa, pois había que manter a súa atención constante durante moito tempo e ao final conseguiuse admirablemente. Experiencia extraordinariamente enriquecedora.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.