Dende o ano 2018, que nos visitaron por primeira vez e dous anos de ausencia pola pandemia, o EFA As Cancelas do municipio das Neves da provincia de Pontevedra, por estas datas do mes de maio, cítanse todos os alumnos e alumnas do ciclo de formación, para asistir a unha visita guiada, en xornada matinal, ao noso Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) situado en Ponteceso.
O grupo asistente á cita anual, conformábano corenta (40) estudantes do Ciclo Superior de Educación Infantil dos ciclos Formativos, mozos entre os 18 e 30 anos de idade, na súa totalidade mulleres e ningún home (excepcional) e viñan acompañados das súas profesoras titoras Aida Domínguez e María Estevez que representaba ao centro, ademais da organizadora da actividade.
Despois de case dúas horas de traxecto para chegar á nosa vila pontecesá (a cal agradecemos enormemente), que mellor que estimularse e recrearse coas prácticas dalgúns xogos tradicionais galegos e do mundo, para levar o mellor posible as dúas horas, pouco tempo, para desenvolver e dar unha visión xeral ao percorrido polas salas expositivas.
Cremos que esta proposta polo centro docente é moi apropiada para estes futuros profesionais do mundo da educación temperá e sobre todo a súa afincamiento no mundo rural. A oferta para estes próximos docentes é ampla xa que poden desenvolver un campo de traballo ideal, pois o coñecemento do medio, a fauna, a flora, a confección de xoguetes, a recuperación de xogos tradicionais, os ciclos das festas, etc… e mundo aínda sen explorar nas nosas xeracións existentes.
O grupo de traballo foi por equipos e a satisfacción foi enorme e enriquecedora, segundo comentarios realizados a Ricardo Pérez e Verdes, director-guía do MELGA. Outro ano moi valorada dita saída e xa están a preparar de de o ano que vén 2025. No libro de visitas do museo deixaron un sinal que di o seguinte: “Da EFA a Cancela con moito agarimo e respecto dámoslle as grazas polos seus tempo e por darnos novos coñecementos. Grazas en nome de todos”.
Finalizada a visita guiada todos os compoñentes desprazáronse ao Piñeiral de Balarés para repoñer forzas e os máis atrevidos, o tempo é espléndido, meterse nas frías augas do Océano Atlántico.
Leave A Comment