No día de onte mércores día 21 do presente mes de xuño, recentemente chegados da municipio de Bañolas da provinciande Xirona, chegaron a Ponteceso, os amigos Julián Miranda e a súa esposa Magda Escobosa, profesor Emérito de Universidade de Lérida e escritor e a xerente da Empresa INDEX. Casas de Colonias da Comunidade de Cataluña respectivamente, para acompañarnos nunha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia de Ponteceso.
Despois de varios intentos nestes últimos de anos en visitarnos, non foi ata a tarde de onte, que se puxeron “ao choio” e en Ponteceso situáronse. Foi sen dubidalo unha gran sorpresa a recibida, segundo o noso director Ricardo Pérez e Verdes, pois facía a friorenta de case medio centenar de anos que non se viron, desde aqueles tempos mozos de estudos universitarios e aventuras congresuais.
Preto de catro horas durou a visita guiada polas instalacións museísticas do MELGA, e pareceulles curta, pois ambos os colegas son da rama do mundo do xogo e sobre as actividades do lecer e o tempo libre. Os ilustres visitantes non só escoitaron atentamente todas as explicacións recibidas durante a visita guiada senón que practicaron os varios xogos e deportes tradicionais galegos e do mundo que o guía lles expuxo.
Como era de esperar Julián e Magda visitaron tamén a Exposición ao aire libre de “Os xogos e Deportes Tradicionais nos Murais de Azulexo” e como non, exerceron a súa votación dos tres primeiros premios da Mostra. Finalmente asinaron no Libro de Ouro da Fundación e o MELGA, destacando unha das súas frases:
Pasámolo MELLOR que no País de Nunca Xamais
Leave A Comment