Posiblemente sexa esta, a de onte luns día 29 de agosto-22, a última visita guiada que realicemos neste verán que se nos vai no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), a non ser que haxa aínda algún grupo de asociación, turistas, familiares, etc. que se reúnan para realizar a mesma ou algún campamento urbano ou rural que aínda prolongue as súas actividades antes do comezo de curso escolar 2022-23.
O grupo reducido que nos acompañou onte, en sesión vespertina de 17,00 a 20,00 h, compoñíano 9 mozos entre os 18 e os 25 anos de idade, do Campo de Voluntariado Ali-Xaz, co seu director á fronte deles, Santiago Fernández. En total 10 persoas, excepcionalmente, xa que o mínimo para unha visita guiada é de 15 membros, pero a dirección do museo considerou unha “detalle” con mozos de diferentes comunidades españolas.
Devanditos voluntarios chegaran onte domingo á nosa vila pontecesá, permanecendo na aldea do Couto e na Fundación Eduardo Pondal, durante 10 días, e así poder exercer un labor moi necesario e importante no próximo Festiletras-22, que se realizará do 1 ao 4 de setiembre en Cospindo (Ponteceso). Eran mozos universitarios/as de Física, Cinematografía, Empresariais, Filoloxía, Medicina, etc. procedentes das comunidades valenciana, vascongadas, baleares, madrileña, castilla-león e galega.
Con algo mais de dúas horas de percorrido polas salas do museo, o grupo puido comprobar o alcance, funcionalidade e a especialidade lúdica do noso pequeno museo, a través das explicacións do noso director e observación detallada das pezas en exposición. Todo hai que contalo, con perdón, pero os visitantes nesta ocasión “atopábanse algo frouxos fisicamente, pouco adestrados e limitados nos coñecementos da materia de xogos e deportes tradicionais das súas comunidades como da galega, tanto na parte teórica como práctica”.
Finalmente, todos acabaron involucrándose na visita guiada, alcanzando en moitos momentos a súa plena satisfacción e alegría, comunicando finiquitada esta, a súa compracencia da sesión realizada en coñecementos e práctica, pois sendo esta visita ao MELGA a súa primeira actividade das programadas do Campo de Voluntariado, agardaban que os próximos días que ían pasar en Ponteceso, poderían ser espectaculares.
Leave A Comment