Dentro dos programas de actividades que teñen planificadas, durante todo o ano, os diferentes departamentos do Concello de Bergondo (A Coruña), hoxe domingo día 18 do presente mes de xuño-17, correspondeulle á concellería de Benestar Social, que cun grupo de 35 persoas con diversidade funcional, ademais de mozos e mozas de UniversoDiverso e as súas familias, participar por primeira vez, en xornada matinal (case tres horas), nunha saída ao concello de Ponteceso, para gozar dunha visita guiada ao MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia), ademais doutras visitas programadas para o día, por toda a zona. Á cabeza do grupo atopábase a concelleira de Benestar Social do concello de Bergondo, dona Begoña Calviño, así como as coordinadoras Viviana Varela e Marisa Vázquez técnicos de cultura do concello, que participaron como una máis, colaborando con todos os visitantes cando era preciso, na totalidade das actividades prácticas levadas a cabo durante a sesión.
Segundo palabras das mesmas foi: “unha grata experiencia que se repetirá no futuro e que ten como obxecto romper coa rutina diaria das familias, descubrindo novos lugares e favorecer as relacións interpersoais e sociais”.
Unha sesión dominical moi especial e moi entretida onde todos os presentes, dentro das súas limitacións e calidades motrices, gozaron dunha práctica de xogos e deportes tradicionais e do mundo, adaptadas ás súas condicións e idades. Magnífica sesión para o recordo!
Leave A Comment