Un grupo de alumnos/as e profesoras do CEIP. Xesús San Luís Romeu de Carballo (A Coruña) desprazáronse ás instalacións do MELGA para realizar, en xornada matinal preto de tres horas, unha visita guiada ao museo do concello de Ponteceso. O grupo compoñíano unha trintena de nenos/as de 1º e 2º de Educación Primaria de entre os 6 e 8 anos de idade. Acompañábanos as titoras seguintes: Aurora Villar (2ºB), Eva Rubinos (2ºA), Begona Sieira (1º) e a coidadora Susana Torres. Aínda sendo uns visitantes pequenos, a súa actuación foi importante tanto na súa atención como na súa disciplina e práctica desenvolvida. Un día moi especial de final de curso, gozando ao máximo desta saída lúdica ao Museo Etnolúdico de Galicia. A nena de 7 anos Marisol Botana, bateu o record de “castelos de pinzas de lavandeira” cunha construción de 20 pisos. FELICITACIÓNS!
This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.
Leave A Comment