O historiador e arqueólogo Felipe Senén co seu grupo de alumnos da Universidade Senior de A Coruña acude ó Melga para unha visita guiada

No día de onte martes 06 de xuño, en xornada vespertina, desprazouse ao concello de Ponteceso, con case medio centenar dos seus alumnos/as da Universidade Senior da Coruña (UNED), o ilustre historiador, arqueólogo, etnógrafo, escritor, museólogo, polígrafo, ilustrador e pintor carballiñés Felipe Senén.

 

 

A visita guiada polas salas do museo, escoitando as explicacións e anécdotas sobre os xogos e deportes tradicionáis e a evolución cronolóxica e histórica do xogo e os deportes a través das civilizacións antigas e modernas, foi impartida como sempre, polo director do MELGA Ricardo Pérez e Verdes. Os visitantes animáronse encantados e participaron coa ilusión de volver practicar “in situ” duns xogos adaptados (persoas entre unha pinza entre os 55  e os 85 anos), pero xa case esquecidos desde a súa infancia. A previsión do tempo dispoñible era dunha hora, pero observando o gran interese, as inmensas ganas de lembrar, coñecer novas actividades e escoitar de novo relatos do mundo lúdico galego e do mundo, a sesión prolongouse mais alá das dúas horas.

Unha gran tarde sobre o Patrimonio lúdico de Galicia, ampliando os seus estudos universitarios, en especial a materia impartida polo profesor Felipe Senén.  As preguntas dos alumnos/as foron moitas, as dúbidas resoltas e os agradecementos mutuos, así que moitos deles/as tiveron a ben asinar no libro de visitas do museo a sua complacencia.  Pola súa banda Felipe Senén deixou o seu impronta escrita no Libro de Ouro e así o transmitiu: “ En Ponteceso, entre os rumorosos que inspiraron a Pondal este lugar de paz, no que aprender xogando é coñecer o noso mundo. Grazas Ricardo, en nome de Galicia, pola túa entrega e amenidade sementando sabes viaxes e o ben sempre” . Para a dirección do centro museístico, foi unha gran honra e un inmerecido recoñecemento, o palpar de primeira man, a gran satisfacción que Felipe Senén transmitiunos e os seus alumnos/as sobre a sesión teórico-práxica efectuada,  sentíndonos enormemente moi halagados, sobre todo, vindo dun egrexio intelectual galego da Cultura Patrimonial de Galicia.

Despois da visita ao museo pontecesán, o grupo trasladouse para realizar unha excusión turística-monumental a Ponteceso para percorrer as súas rúas, Casa de Pondal e Malecón e a continuación achegáronse a Corme onde terían ocasión de visitar a pedra da Serpe, o Faro, as cruces de Roncudo,  o Porto  e a callejuelas mariñeiras da vila, e sempre, coas consabidas doctas explicacións do noso insigne visitante.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.