O Melga pon a parte lúdica a la Festa da Fabada en Ponteceso

O sábado día 29 do presente mes de outubro, a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o MELGA estarán presentes nas actividades programadas polo concello de Ponteceso, no seu XXVI edición da “FESTA DÁ FABADA”. A xornada lúdico-práxica será desenvolvida a partir das 19,00 na carpa habilitada, no Campo da Feira da Trabe,  onde tamén levará a cabo a sesión gastronómica e festiva-musical. Nesta ocasión a sesión práctica estará enfocada para todas as persoas maiores (homes e mulleres) do municipio e para todos aquelas persoas da área de influencia que desexen pasar un tempo esquecido dos seus xogos de infancia. Por descontado que poderán participar outros niveis como mozos, adultos e nenos/as se os houbese. É dicir, a participación será aberta para todos. Serán dúas horas de entretementos recreativos (non competitivos) rescatando aqueles xogos e deportes que nos identificaron como galegos. Esperámosvos! Achegamos cartel anunciador da xornada.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.