Nesta ocasión, o grupo da segunda quenda do campamento de verán da área de deportes do concello de Vilalba conformábano uns setenta nenos e nenas do municipio lucense, que viñan acompañados dos seus monitores José Manuel Peón, Francisco Roca, Iván Rodríguez, Alba Díaz e Tamara Cardoso que era a responsable do campus.
Cun pouco máis de tempo que a sesión efectuada o 13 de xullo, por problemas de mareos dos nenos, nesta circunstancia a visita guiada estivo en tempo correcto, sen abafos e présas. Percorreron as dúas salas, escoitando as orientacións do guía, practicaron con intensidade os diferentes xogos e deportes tradicionais e tentando bater algunha marca, aínda que con pena, xa que nalgúns dos xogos achegáronse á marca, pero finalmente non puideron conseguir bater ningunha delas.
Realizada a visita guiada percorreron os lugares típicos de Ponteceso (Casa Pondal, Monte Branco) e repuxeron forzas no piñeiral de Balarés e moitos (a maioría) de valentes se atreveron a “ chapuzarse” nas augas refrescantes da nosa bela e turística praia.
Segundo os comentarios dos monitores/ as a xornada posiblemente terían unha terceira visita alá por finais do mes de agosto e os nenos dixeron que seguramente volverían de novo cos seus pais antes de finalizar as vacacións.
Leave A Comment