Escritores galegos cítanse no Melga para visitalo

Onte mércores día 30 de setiembre, en xornada matinal e acompañados do noso amigo en común Luís Fontán, un “ billardeiro” de prol, que lles acompañou á cita no Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso, para realizar unha visita guiada, por primeira vez ( aínda que o tentaban en varias ocasións), co noso director Ricardo Pérez e Verdes.

Nesta ocasión os insignes visitantes José María Monterroso Devesa-Xoga, Sabela Vázquez Fandiño e Alexandre Ripoll Anta, foron recibidos e dándolles a benvida o director do museo, así como en nome do Concello de Ponteceso, as concelleiras de Servizos Sociais, Igualdade e Transparencia Noelia María Varela e María Teresa Chouciño de Educación, Formación, Biblioteca e Patrimonio.

O escritor José María Monterroso foi presidente da Agrupación O Facho e fundador da Asociación de Escritores en Lingua Galega e da Asociación Galega da Lingua. A súa vida literaria desenvolveuna entre A Coruña e Montevideo (Uruguai), un home curtido na diáspora. Ten publicados mais de 30 libros sobre poesía, ensaios e obras colectivas e varios premios en Galicia, Portugal e Uruguai. Entre as súas obras destacan: Berro, Aquela luz, Galegos e galeguismo, A emigración en Castelao, Apelidos galegos, O cemiterio de San Amaro, O galego hoxe, De amor e desamor, A Coruña na cultura galega, etc…

Escritores gallegos se citan en el Melga para visitarlo

A profesora Sabela Vázquez é un referente na cultura galega, articulista en varias revistas galegas, xurado en varios certames literarios, autora de traballos referidos á lingua, entre os que se atopan os dous primeiros cursos de Gallego que foron editados pola Voz de Galicia. Gran coñecedora dos xogos tradicionais e populares na zona ferrolá, tamén no seu haber edita varios vídeos sobre os mesmos.

 

Alexandre Ripoll é un catedrático-doutor de Filoloxía galega e portuguesa, escritor, articulista, investigador, especialista en cantigas galegas e profesor de secundaria cunha experiencia de mais de 30 anos de docencia. Dentro da súa extensa produción cultural e lingüística destacan as súas obras Johan de Cangas, Alma de Beiramar, As cantigas de escarnio e maldicir, As cantigas de Estevam Coelho, etc…

Despois do percorrido museístico os escritores coruñeses da cultura galega asinaron no Libro de Ouro do museo, dedicándonos unhas palabras á institución visitada. José María Monterroso dinos:

“Embargado por tanta e tan boa marabilla, froito dun soño dun home dos que hai poucos, parabéns por esta magna obra, don Ricardo Pérez e Verdes”.

Pola súa banda Sabela Vázquez coméntanos:

“Un día no mundo dos xogos volvendo a tempos pasados-presentes de nenos/nenas grandes e encantada de estar con amigos e xente apaixonada”.

Finalmente Alexandre Ripoll transmítenos:

“Un hermosísimo museo froito do paciente labor de Ricardo Pérez que nos permite coñecer a historia e as tradicións dos nosos xogos e os de todo o mundo”

Mais que unha visita guiada, foi un faladoiro extenso, con máis de catro horas de intercambio cultural, lingüístico, educacional e por suposto o tocante ao mundo lúdico, inmaterial e tradicional, e á historia do xogo e o deporte a través dos tempos. A velada continuou e prolongouse con outras tres horas máis, diante dunha boa mesa, saboreando os excelentes manxares da nosa terra pondaliana. Unha xornada excepcional e proveitosa ao máximo, cuns interlocutores admirables tanto polos seus coñecementos como pola súa amable compañía.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.