Unha trintena do nenos/as de 1º de primaria (6 anos) do CPR. Manuela Rial Mouzo de Cee (A Coruña) e as súas profesoras Pilar e Nuria, achegáronse en sesión matinal ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) para realizar unha visita guiada.
Devandito colexio e o municipio era a primeira vez que se achegaba a Ponteceso para visitarnos. A sesión estaba organizada como excursión final do curso escolar. Despois de percorrer as exposicións do museo co director do mesmo, así como escoitar as súas explicacións, con historias e anécdotas sobre os xogos e deportes tradicionais, desprazáronse para facer un percorrido pola casa de Eduardo Pondal, Monte Branco e o piñeiral da praia de Balarés, onde xantaron.
Unha xornada para todos memorable sobre cultura, mundo do xogo, medio ambiente e turismo.
Leave A Comment