Por primeira vez, nestes anos de funcionamento do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), a localidade de Carral (A Coruña), non nos acompañaba para realizar unha visita ao museo. E foi onte, en xornada matinal, que se achegaron unha media centena de alumnos e alumnas do CEIP Vicente Otero Valcarcel, de 6º de primaria (11-12 anos) que viñan acompañados dos seus monitores Aida Pérez, Eva Carril e Yago Espasandín que exercía de coordinador do grupo escolar.
Todos os compoñentes do grupo instaláronse durante uns días no Albergue Alalá e Sons de Cabana de Bergantiños, primeiramente para coñecer a contorna deste concello e o de Ponteceso e de paso, recomendados pola administrada do centro MaryLuz Imia, como remate da súa excursión de final de curso, facernos unha visita guiada ao MELGA.
Unha intensa mañá en que os excursionistas escolares, visitaron as salas do museo, dirixidos polo noso director Ricardo Pérez e Verdes, poñendo atención a todo o que alí se lles explicaba, así como a práctica activa recreativa/competitiva que se impoñían. Tentaron alcanzar algunhas marcas de varios xogos, pero nesta ocasión non foron logrados. O campión da visita foi para o mozo de 11 anos Matthew Williams Gestal, que levou os agasallos da dirección do museo.
Un grupo moi disciplinado e interesado nos xogos e deportes tradicionais, dos cales a maioría dos mesmos éranlles descoñecidos. Comprometéronse que dentro das actividades programadas pola tarde, volverían repetir algúns para adquirir mais destreza, aínda que nesta ocasión desenvolveríanos no Piñeiral e praia de Balarés.
O vindeiro xoves día 30, recibiremos a outro grupo moi numeroso, tamén do concello de Carral, con mais de 120 nenos, nenas e monitores do Campus urbano de ESPROADE.
Leave A Comment