Excompañeiros de escola do noso director visitan o MELGA

O día de onte foi outro desas xornadas inesquecibles en canto a unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) refírese, pois nada máis nin nada menos que o noso director, Ricardo Pérez y Verdes, tivo unha visita especialmente moi excepcional, nostálxica e moi entrañable.

Pasaron máis de 70 anos cando se coñeceron naquela pequena escola unitaria de nenos (as nenas estaban separadas noutra escola) de Tella (Ponteceso), dirixida por un gran mestre estremeño (don Manuel Sánchez), que nos inculcou todo o saber lúdico e intelectual que hoxe posuímos onde, en xornadas de mañá e tarde, compartiamos coñecementos, amizade e sobre todo xogos, entretementos e algunha «trasnada» que outra.

Compareceron á cita, ademáis de Ricardo Pérez como guía da visita: Joaquín Carneiro residente en Canadá, Felisardo Pedreira domiciliado en Barcelona, José Lema en Carballo, Tucho Suarez en Ponteceso e Eugenio Souto en Tella e que foi o organizador do encontro. Seis grandes amigos, sabendo das enormes distancias que os separaban, as pandemias, os hortensias, o prestige, as profesións de traballos diferentes, etc. sempre o grupo mantívose con algún pequeno contacto, aínda que nestes momentos, cara a moitísimos anos que non se atoparon de novo, até o día de onte mércores 10 de agosto do presente ano 2022.

A visita ao MELGA foi un novo renacer, pois todos eles foran convidados e asistentes ao acto de inauguración, pois segundo comentaban o museo crecera moitísimo, pois despois de case nove anos (2013) do seu inicio museístico, crían que se atopaban nun novo museo pontecesano. A estancia nas salas de museo durou aproximadamente unhas dúas horas e media, onde lembramos, sobre todo na parte de xogos tradicionais galegos, os momentos tan felices que tivemos durante a nosa tenra infancia nas «corredoiras» da nosa parroquia e concello. Finiquitada a visita guiada e despois de asinar todos eles no «Libro de Ouro» do museo, os asistentes ao acto desprazáronse a un restaurante da vila para xantar e repoñer forzas polo gran esforzo realizado nas prácticas lúdicas «obrigadas» polo noso director e para seguir cunha larguísima sobremesa onde cunha distendida e amena conversación, lembráronse moitos momentos e anécdotas da nosa vida intensa da adolescencia e mocidade.

Podemos comentar que foi un día memorable e recordable por moito tempo co compromiso de que a próxima ocasión a reunión sería con toda a familia, sobre todo cos netos, netas e algúns bisnietos, pois na súa maioría non coñecían o MELGA. Así que próximamente estaremos a celebrar outro gran encontro de confraternidade por todo o grande.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.