Un grupo numeroso de oitenta persoas, achegouse a primeiras horas da mañá ao concello de Ponteceso para unir dúas actividades complementarias, por unha banda o sendeirismo e por outro a cultura museística. Nesta ocasión os excursionistas que nos visitaron correspondían á Asociación Grupo de Maiores de Telefónica da Coruña. A visita foi aproximadamente de dúas horas e as idades dos visitantes atopábanse entre os 65 e 85 anos. Primeiramente reuníronse, todos eles no MELGA, para realizar unha visita guiada ao museo, dirixida polo director do mesmo. Despois da visita da primeira sala, o grupo dividiuse en dúas metades, mentres uns realizaban a primeira etapa da ruta de sendeirismo, desde o MELGA ata a praia de Balarés, outros (os de maior idade) continuaron coa visita da segunda sala do museo. Reunidos de novo todos na praia de Balarés pasando por Ponteceso pobo, a casa de Pondal , Malecón e o Couto, desde alí desprazáronse camiñando, na segunda etapa, cara á vila de Corme, pasando polos lugares máis típicos da zona (Pedra dá serpe, Osmo, Hermida,Aldea, etc.), para a continuación realizar unha parada para repoñer forzas, cun gran xantar de confraternidade. Pola tarde conxuntamente “patearon” as rúas de Corme, o porto, a Punta de Roncudo, ao faro, etc., Finalizada a sesión, todos os compoñentes, retomaron o transporte terrestre, dirixíndose de novo para A Coruña.
Unha xornada moi especial xa que a combinación de traballo físico e o intelectual estiveron presentes en toda a xornada. Combinación perfecta segundo os visitantes, prometendo que volverían realizar a mesma programación, iso si, cun pouquiño máis de tempo para dedicar á visita guiada do museo, que lles resultou curta, pero… moi atractiva, entretida e de moitos recordos pasados. Algúns dos presentes, por momentos, víñanselles as bágoas aos ollos, coa experiencia práctica realizada. Moitos deles comentaron que achegarían os seus xoguetes persoais para a súa doazón ao MELGA, pois valía a pena que estivesen nun recinto magnífico, como o que acababan de descubrir. Tamén proporcionaron nalgún momento da visita ao director do museo, nomes dos xogos, zona de influencia, as súas normas , lugares, material de confección, etc. Gran xornada de intercambio físico-lúdico-cultural.
Leave A Comment