Este sábado pasado, é a segunda homenaxe que se lle realiza ao economista Juan Antonio Rodríguez Díaz ( q.e.d), no Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso, nesta ocasión polos seus amigos de infancia e de profesión, pois o día da inauguración das vitrinas expositivas na súa honra, a maioría deles non puideran achegarse ao acto, por motivos persoais e profesionais.
A primeira homenaxe foi con motivo do V Centenario do museo, o 27 de setiembre de 2018, quen a súa nai nai dona Concha Díaz, foi a que fixo a entrega á Fundación Ricardo Pérez e Verdes, da magnífica colección, mais de 400 xogos, que posuía o seu fillo Juan desde a súa tenra idade, e tivo a honra de inaugurar a exposición, coa presencia do alcalde do concello de Ponteceso Lois Carballido.
Os discursos correron a cargo do matrimonio Katy Tuimil e Antonio Vázquez, os seus amigos máis próximos, promotores e valedores de que a doazón se trasladase desde o seu domicilio ata Ponteceso para depositala nos dous andeis do noso museo. Finalmente o director da Fundación Ricardo Pérez e Verdes tomou a palabra para agradecerlles primeiramente a súa visita, pois a maioría deles non coñecían as instalacións do museo, e ao mesmo tempo participarlles que agora sempre estará presente entre nós a obra de Juan Antonio nun lugar preferente da nosa segunda sala que corresponde á historia dos xogos e deportes tradicionais a través dos tempos. O acto que reuniu a unha vintena de amigos e amigas de Galicia e outros vindos exclusivamente de varias comunidades españolas, resultou moi emotivo e non estivo exento dalgún atragantamiento e bágoas dalgúns dos presentes.
Leave A Comment