O Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), situado en Ponteceso, abrirá as súas portas, un ano máis, para todas aquelas persoas que desexen visitarnos durante este período vacacional das festas de Nadal.
O período de apertura comprenderá desde o luns 23 de decembro do presente ano 2024 ata o luns 6 de xaneiro do próximo ano 2025. O museo permanecerá ABERTO para a atención a todos os visitantes de luns a venres, de 10:00 h a 14:00 h.
Non obstante, estará PECHADO nas seguintes datas:
- 24 de decembro (Noiteboa),
- 25 de decembro (Nadal),
- 31 de decembro (Fin de Ano),
- 1 de xaneiro (Aninovo), e
- 6 de xaneiro (Día de Reis).
Continuaremos abertos durante as fins de semana co noso horario habitual:
- Sábados: de 11:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 19:00 h.
- Domingos: de 11:00 h a 14:00 h.
Todas aquelas persoas que logren agrupar un mínimo de 15 persoas poderán solicitar unha visita guiada calquera día da semana, sempre con cita previa e cun prazo mínimo de tres días de antelación.
Para máis información, poden poñerse en contacto con nós a través dos teléfonos 981 71 54 42 ou 661 29 02 46, ou mediante o noso correo electrónico: info@museomelga.com.
Leave A Comment