Inícianse as visitas guiadas deste curso escolar (2024-25) cun grupo docente ferrolán

Esta recentemente iniciada tempada de 2024-25 de visitas guiadas ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) en Ponteceso, estréase hoxe venres día 18 do presente mes de outubro, cun grupo docente dunha localidade coruñesa. Os visitantes que recibimos, correspondían ao Ceip. Plurilingüe Ponche de Xuvia da localidade de Narón/Ferrol , que fan a súa presenza por primeira vez no museo. Chegaron ao mesmo, medio centenar de alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria (8 e 9 anos de idade) que viñan acompañados das súas profesoras/tutoras Elisa Dopico, Sara Gómez e María Jesús Pérez que exercía o labor de representante do centro e ao mesmo tempo de coordinadora e organizadora da devandita actividade. En xornada matinal, tivo como franxa horaria as 10,30 ata a 13,30 h. (tres horas), que dedicaron a percorrer as dúas salas expositivas que dispón o museo, cun gran interese polo que alí estábase presentando.

Como sempre, o primeiro antes de entrar ao recinto museístico, expúxoselles a todos eles, a excepcional exposición que temos no exterior e ao aire libre do MELGA, sobre unha mostra de murais de azulexos sobre os xogos e deportes tradicionais galegos, realizados polos alumnos/as dos centros escolares da provincia da Coruña e que posteriormente foron seleccionados e premiados nun concurso, tras un convenio de colaboración entre a Fundación LAR de Cée e a Fundación Ricardo Pérez e Verdes. A continuación veu a sesión audiovisual co “Cómic MELGA” e o himno do museo “Cantamos: xogos populares” e seguidamente a visita guiada coas explicacións do noso guía, ademais da práctica dos xogos de interior nas salas do museo, deseñados para a ocasión.

Hai que comentar que o grupo ao completo foron, en todo momento, unhas verdadeiras “esponxas”, polo interese en coñecer todos os xogos tradicionais e modernos de Galiza e do mundo, tanto teoricamente e por suposto, tamén practicamente. Moi entusiastas e disciplinados. Atopábanse realmente nun lugar marabillosamente especial, así o comentaron, moi divertido e que desexaban que non pasase o tempo, para non regresar ao seu destino inicial.

Aínda que tentaron levar a cabo e establecer algunha marca que os levasen ao pódium, non foi nesta ocasión o día propicio, aínda que dixeron que volverían tentalo en próximas visitas ou senón no propio centro docente.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.